Andrés Varela Domato

Notario

Traxectoria

Referencias anuais que nos constan desta persoa
1709 actividade en Malpica
1758 actividade en localización aínda descoñecida

Notas

 Escribán real de S. M. (Su Magestad). Actúa no contorno de Nemeño, Cances (xurisdición de Mens, señorío de Altamira), Niñáns, Brantuas, no lugar de Gundumil e en 1709 en Corme porto (xurisdición de Malpica, señorío de abadengo e xurisdición ordinaria polo arcebispo de Santiago). Tamén traballa en San Salvador de Paços, en Cores e en Cances Grande.
 A documentación dos protocolos deste notario consérvase no AHUS.