Glosario

2016-05-10

 

Un notario é un fedatario -antigamente un escribán- coa función de deixar testemuño documental dunha circunstancia relevante para persoas ou propiedades.


Unha xurisdición era un ámbito xeográfico baixo un poder relixioso ou profano: o señorío. A xurisdición compúñase de parroquias -podía ser mesmo dunha soa parroquia-. E algunha das parroquias podía ter non só un único señor, senón varios.


O señor de cada xurisdición estipulaba os notarios que actuarían nela. Os señoríos eran eclesiásticos ou seculares ou de realengo.


Un concejo (ás veces tamén escrito como conçejo) era unha reunión de hombres buenos que tomaban determinacións para certa comunidade, baixo o mandato do señor das terras en cuestión. En ocasións a estes concellos tamén lles chamaban regimiento.


En España a partir de 1834 apareceu a organización en partidos xudiciais, o que representaría o fin das vellas xurisdicións.