Nemancos

Arciprestado

Descrición

 Este nome abranguía antigamente unha corentena de parroquias, cerne das analizadas neste proxecto. Non se trata dunha xurisdición, no sentido de que esas freguesías tivesen un señor determinado, propietario das terras. Antes ben, Nemancos era un arciprestado, en termos de administración clerical.

 Existe unha alusión a Nemancos moi antiga (c. 830, Era DCCCLXVIII): In nemancos. sca. colalia in donobria. Faina un delegado de Alfonso II (dni. Adefonsi) chamado Trutino (dns. tructinus), nunha Designación de algunas de las iglesias pertenecientes á la Sede Iriense recollida por Antonio López Ferreiro no tomo II, apéndice II, p. 7 da súa Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela (Santiago, 1899) e que consta tamén en AHN Códice 267B, p. 322.

 Alude ao mesmo topónimo un documento de 1566 que di: [Don Felipe] ... Conde de Flandes y de Tirol. A vos el conçejo / alcaldes, Regidores, honbres buenos / del lugar de Nemancos feligresía de San Pedro de / Couzeiro que hes en el nuestro Reyno de Galizia e / ...

 Outro escrito do mesmo ano: Ezeptera. A vos el / Conzexo alcaldes / Regidores e ofiçiales / y onbres buenos del / lugar de Nemancos / feligresya de San / Pedro de Conzeyro / ...

 Unha das múltiples referencias cartográficas a Nemancos atopámola no Mapa Geográfico del Arzobispado de Santiago. Dividido en treinta y seis arciprestazgos realizado por don Ángel Marín en 1830 e gravado en Santiago por Carlos Marqueríe Dupont.

 Nemancos como circunscrición resulta algo difusa. Porén, para podermos obter unha acotación territorial cinguímonos aos estremeiros do arciprestado, estudando os escribáns que operaron naquelas terras, incluíndo tanto os que eran reais como os de número. Ademais en dous casos particulares (Sancho Pérez en 1339 e Fernán Fernández en 1415) cónstanos que os fedatarios figuraron como de Nemancos e así fica recollido. De todos os xeitos no rexistro de actividade correspondente a Nemancos facemos constar todos os escribáns que operaron na zona entre o s. XIV e o primeiro terzo do XIX.

 En setembro de 1959 o Nemancos eclesiástico pártese en dous e só a metade norte retén o nome, en canto a parte sur se pasa a denominar polo topónimo de Duio. En mapas eclesiásticos anteriores a ese ano vese que Nemancos abrangue o que hoxe son os municipios de Muxía, Cee, Fisterra, Corcubión e Dumbría, ademais de algo menos da metade do concello de Vimianzo, o que sería a fracción ao occidente dunha imaxinaria liña trazada desde o noroeste ao sudeste deste último municipio. Segundo este esquema, pois, cinco concellos de hoxe e parte dun sexto comporían Nemancos. Nemancos pola súa vez limitaría ao norte con Soneira, ao este con Céltigos e ao sur con Entíns. Grosso modo Soneira levaría o restante de Vimianzo, xunto con Camariñas, Laxe, case toda Cabana de Bergantiños, e a maior parte de Zas. Céltigos correspondería ao terzo sur de Zas, xunto con Santa Comba, Val do Dubra, A Baña e Negreira. E finalmente Entíns serían Mazaricos, Carnota, Muros e Outes.

 Se polo contrario consultamos mapas eclesiásticos actuais, Nemancos só se ve limítrofe con Soneira ao este e con Duio ao sur. Nemancos neste esquema abranguería os concellos de Muxía e Camariñas e só o terzo occidental de Vimianzo. Soneira levaría Laxe, case todo Cabana de Bergantiños, un terzo de Vimianzo e a metade norte de Zas. O restante terzo de Vimianzo sería para Duio, ao cal lle corresponderían tamén Fisterra, Cee, Corcubión e Dumbría. Entíns serían Carnota, Muros, Mazaricos e Outes. Céltigos sería aproximadamente Santa Comba, con partes menores de até catro municipios limítrofes.

 A conclusión é sinxela: non hai unha correspondencia doada e inmediata entre as circunscricións civís e as relixiosas, e ademais, ambas varían bastante co decorrer do tempo. Disto derívase que os topónimos teñan un comportamento, por dicilo establecendo un símil, máis líquido que sólido.

 Oficialmente hoxe a bisbarra leva o nome de Comarca de Fisterra e contén cinco concellos: Muxía, Dumbría, Fisterra, Cee e Corcubión. Pola súa parte no presente traballo documéntase Nemancos como referido a parroquias pertencentes a sete municipios actuais: os cinco da dita comarca oficial, xunto con Vimianzo e con Camariñas. E aínda que hoxe se emprega o termo Costa da Morte dun xeito bastante elástico, a área que nos ocupa é o cerne desa hipotética "costa", polo cal defendemos expresamente o uso do secular topónimo Nemancos para nomear tanto a comarca como a súa liña marítima.

Xeografía

No arciprestado de Nemancos contemplamos unha superficie de 472.5892260 km2 repartida entre as seguintes 43 parroquias:
Ameixenda, A (Santiago) (7.9638585 km2), señorío de Condado de Altamira
Baíñas (Santo Antoíño) (23.081568 km2), señorío de Orde de San Bieito
Bardullas (S. Xoan) (4.8184175 km2), señorío de Condado de Altamira
Berdeogas (Santiago) (15.924981 km2), señorío de Condado de Amarante
Berdoias (S. Pedro) (13.6654875 km2), señorío de Condado de Altamira
Brens (Sta. Baia) (5.6081915 km2), señorío de Condado de Altamira
Buiturón (Santiso) (4.434434 km2), señorío de Condado de Altamira
Buxantes (S. Pedro) (27.540759 km2), señorío de Orde de San Bieito
Caberta (S. Fiz) (1.942406 km2), señorío de Condado de Altamira
Camariñas (Núcleo urb.) (10.785213 km2), señorío de Condado de Altamira
Camelle (S. Pedro) (9.6487165 km2), señorío de Condado de Altamira
Carantoña (S. Martiño) (14.3550145 km2), señorío de Condado de Altamira e de Condado de Maceda
Carnés (S. Cristobo) (14.7610045 km2), señorío de Condado de Altamira e de Condado de Maceda
Castrelo (S. Martiño) (8.351052 km2), señorío de Condado de Altamira
Cee (Núcleo urbano) (6.614057 km2), señorío de Arcebispado de Santiago
Cereixo (Santiago) (7.369583 km2), señorío de Condado de Altamira e de Condado de Maceda
Corcubión (Núcleo) (1.6043535 km2), señorío de Condado de Altamira
Coucieiro (S. Pedro) (9.749165 km2), señorío de Condado de Altamira e de D. Benito de Agar
Duio (S. Martiño) (6.8380355 km2), señorío de Arcebispado de Santiago
Duio (S. Vicenzo) (6.1143725 km2), señorío de Arcebispado de Santiago
Dumbría (Sta. Olalla) [cap.] (24.5970625 km2), señorío de Condado de Altamira
Ézaro (Sta Uxía) (11.674651 km2), señorío de Condado de Altamira
Fisterra (N.Sra Areas) [cap.] (4.076135 km2), señorío de Arcebispado de Santiago
Frixe (Sta. Leocadia) (6.338937 km2), señorío de Condado de Altamira
Leis (S. Pedro) (3.006952 km2), señorío de Condado de Altamira
Lires (S. Estevo) (11.2386985 km2), señorío de Condado de Altamira
Moraime (S. Xiao) (20.9454585 km2), señorío de Orde de San Bieito
Morquintián (Sta. María) (16.3832255 km2), señorío de Condado de Altamira
Muxía (Sta. María) (0.868465 km2), señorío de Arcebispado de Santiago
Nemiña (S. Cristovo) (6.9929775 km2), señorío de Orde de San Bieito
O, A (N.Sra. da O) (6.4369955 km2), señorío de Condado de Altamira e de Condado de Maceda
Olveira (S. Martiño) (24.3783285 km2), señorío de Condado de Altamira
Olveiroa (Santiago) (5.271306 km2), señorío de Condado de Altamira
Ozón (S. Martiño) (24.6002295 km2), señorío de Orde de San Bieito
Pereiriña, A (S. Xiao) (15.728556 km2), señorío de Condado de Altamira
Ponte do Porto (S. Pedro) (8.454475 km2), señorío de Condado de Altamira
Redonda (S. Pedro) (4.906454 km2), señorío de Condado de Altamira
Salgueiros (S. Mamede) (15.259038 km2), señorío de Condado de Altamira
Sardiñeiro (S. Xoan) (12.372904 km2), señorío de Arcebispado de Santiago
Toba (S. Adrián) (10.3118945 km2), señorío de Condado de Altamira
Touriñán (S. Martiño) (5.9234755 km2), señorío de Condado de Altamira
Vilastose (S. Cibrao) (8.755564 km2), señorío de Condado de Altamira
Xaviña (Sta. María) (22.896773 km2), señorío de Condado de Altamira e de Condado de Maceda

Sumario de notarios

Número de escribáns dos que se ten constancia nesta circunscrición, en cada século

s. XIV bloquiño verdebloquiño verdebloquiño verde (3)
s. XV bloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verde (4)
s. XVI bloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verde (28)
s. XVII bloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verde (36)
s. XVIII bloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verde (56)
s. XIX bloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verdebloquiño verde (29)

Histórico de notarios

Por orde cronolóxica, as incidencias da actividade dos fedatarios vencellados a esta circunscrición
1339 actividade de Sancho Pérez
1345 actividade de Juan Fernández
1363 actividade de Roy de Verdoas
1391 actividade de Roy de Verdías
1415 actividade de Fernán Fernández
1487 actividade de Afonso de Ferrol
1489 actividade de Afonso de Lema
1489 actividade de Juan de Paz
1491 actividade de Lorenço Yánez
1505 actividade de Juan Camaño de Conçiero
1515 actividade de Gregorio Arias de Camporredondo
1528 actividade de Martín Boano
1534 actividade de Juan de Mourelle
1540 actividade de Garçía Flores
1544 actividade de Juan Mançans
1545 actividade de Pero Barela
1553 actividade de Gregorio Vas
1562 actividade de Juan Estévez
1562 actividade de Juan de Barbeira
1562 actividade de Fernando de Castro
1563 actividade de Juan de Santa Cruz
1570 actividade de Pedro Gregorio de Belorado
1570 actividade de Bartolomé Agullero
1570 actividade de Juan Dalcoçe
1571 actividade de Diego López de Miranda
1572 actividade de Alverte Mouço
1572 actividade de Gómez da Costa
1572 actividade de Juan Martínez
1574 actividade de Pedro Martínez Correa
1575 actividade de Alonso Broz de Castro
1579 actividade de Pedro Falcón
1579 actividade de Domingo Pose
1579 actividade de Pedro de Son
1585 actividade de Soares de Cabanela
1586 actividade de Juan de Paços
1593 actividade de Francisco López Vezerra
1594 actividade de Jorge da Costa Bermúdez
1598 actividade de Cristóbal de Pazos
1599 actividade de Rodrigo González de Lamas
1599 actividade de Alonso de Mouço
1604 actividade de Alverte Damarelle
1604 actividade de Jhoam Vázquez de Bamonde
1605 actividade de Juan de Castro
1613 actividade de Bartolomé Rodríguez de Aguiar
1618 actividade de Sebastián de León
1618 actividade de Juan de Pazos
1621 actividade de Juan Trillo
1624 actividade de Domingo González de Quintana
1625 actividade de Gregorio López
1627 actividade de Juan Pose
1639 actividade de Alberto de Lema
1640 actividade de Lope Vázquez
1642 actividade de Payo Posse
1643 actividade de Juan Ramos Aguiar
1644 actividade de Bartolomé Domínguez da Pena
1649 actividade de Juan Fariña de Aguiar
1650 actividade de Juan Péres
1656 actividade de Domingo Ramos Aguiar
1657 actividade de Rodrigo de Luaces
1658 actividade de Cristóbal de Pazos
1659 actividade de Juan da Pena de Perrúa
1660 actividade de Juan de Liñares
1661 actividade de Alberto Canosa Soneira
1661 actividade de Andrés González de Lema
1662 actividade de Antonio de Lema
1662 actividade de Martín de Paços y Buela
1664 actividade de Andrés Pérez de Insua
1665 actividade de Vasco Bermúdez de Miranda y Figueroa
1666 actividade de Domingo de Lema
1671 actividade de Manuel de Caamaño
1671 actividade de Pablo García Bermúdez de Miranda Aguiar
1673 actividade de Andrés Pérez de Lemos
1675 actividade de Vitorio de Caamaño
1676 actividade de Alonso Vázquez
1680 actividade de Alberto González de Lema
1680 actividade de Domingo López Freire
1686 actividade de Jacinto Aguiar Roque
1688 actividade de Antonio Domingo Durán
1688 actividade de Manuel García de Caamaño
1689 actividade de Juan Bermúdez de la Rúa
1690 actividade de Antonio Caamaño
1691 actividade de Phelipe Pazos Jacobo
1692 actividade de Juan Fernández Duque
1695 actividade de Fernando Pérez Valdevieso
1696 actividade de Antonio Sánchez de Busto
1697 actividade de Bartolomé Rodríguez de Aguiar
1698 actividade de Alonso Pérez
1699 actividade de Andrés Díaz de Mata
1704 actividade de Martín do Allo de Leis
1705 actividade de Antonio Pérez de Paços
1706 actividade de Francisco Seijo y Andrade
1708 actividade de Domingo González dos Santos
1710 actividade de Ygnacio Seijo y Andrade
1716 actividade de Agustín González de Lema
1731 actividade de Benito Barrientos y Pazos
1732 actividade de José Manso y Ares
1733 actividade de Diego Bermúdez Figueroa
1735 actividade de Cristóbal de Pazos
1736 actividade de Pedro Antonio Pérez Valdivieso
1737 actividade de Juan Anttonio Díaz de Matta
1738 actividade de Alejandro Mosquera
1740 actividade de Alberto R. González de Lema
1746 actividade de Manuel Suárez y Quintela
1747 actividade de Julián Pérez Hermida
1747 actividade de Anastasio Romero de Moscoso
1749 actividade de Cayetano Durán Riobóo
1749 actividade de Bernardo Antonio García Romero y Moscoso
1751 actividade de Gregorio de Ruybal
1752 actividade de Francisco López Bó Recamán
1753 actividade de Andrés Moreira
1753 actividade de José Antonio Suárez
1753 actividade de Fernando Torés y Nogueira
1754 actividade de Jacinto Antonio Torrado
1755 actividade de José Antonio Pose
1757 actividade de Pantaleón Sánchez Couceiro y Vaamonde
1759 actividade de Roque Corral y Soto
1760 actividade de Juan López de Peñalta
1761 actividade de Juan Antonio Coello y Torrado
1763 actividade de José Antonio Pazos
1763 actividade de Benito de Alvite
1763 actividade de Domingo Antonio Codesido Sobrado y Figueroa
1764 actividade de Andrés Antonio Pazos y Oreiro
1765 actividade de Cristóbal de Pazos Bermúdez
1765 actividade de Juan Antonio Anido García
1766 actividade de Domingo Caamaño
1766 actividade de Ramón González Recamán
1767 actividade de Francisco Antonio Martínez Pardiñas
1767 actividade de José Pérez de Moscoso
1770 actividade de Francisco Suárez Nieto
1774 actividade de Joseph Antonio Muyño
1779 actividade de José Martínez de Lema
1779 actividade de Miguel Nieto Montenegro
1784 actividade de Manuel Quinteiro de Sotto
1791 actividade de Tomás de Calo
1792 actividade de José Manso de Lobera
1792 actividade de Francisco Ponte y Álvarez
1793 actividade de Antonio González Guerra de Seijas
1794 actividade de Clemente Caamaño Riobóo
1794 actividade de Fernando Nicolás Fernández
1795 actividade de Salvador Pedreira
1796 actividade de Domingo Antonio Canto
1796 actividade de Roque Antonio Pazos Oreiro
1798 actividade de Ramón Vaamonde Figueroa
1801 actividade de Andrés de Leyra y Castro
1801 actividade de Manuel López Bóo Recamán
1802 actividade de Froilán Heiranova
1805 actividade de Francisco Antonio Ardeleiros Romero de Leis
1808 actividade de Claudio Estévez Bermúdez de Castro
1815 actividade de Pedro Manuel Canosa
1815 actividade de Francisco María Piñeiro
1816 actividade de José María Lema Benavides
1817 actividade de Deogracias Teixeira
1818 actividade de Pedro María Fernández Obregón
1824 actividade de José Agramunt Oliver
1829 actividade de José María González Piñeiro
1831 actividade de Pedro Fernández de Moscoso
1831 actividade de Francisco López Bóo Recamán
1833 actividade de José Ramón Canosa