Xallas

Xurisdición

Descrición

 Xallas tiña parroquias do arcebispo e outras particulares, isto é, unhas partes eclesiásticas e outras seculares.

 Por exemplo a freguesía de Cuns (San Vicenzo) era abadengo e xurisdición ordinaria do arcebispo compostelán. Isto significa que nese espazo había un abade designado polo arcebispo e que este último tamén puña a xustiza ordinaria. O xuíz ou ben o nomeaba o propio arcebispo ou en todo caso o abade con poder do arcebispo. En resume, o arcebispo tiña os dous poderes, o relixoso e o civil.

 Mentres tanto a parroquia de Loroño (Santiago) era abadengo, señorío secular e xustiza ordinaria de D. Vicente Caamaño.

Xeografía

Na xurisdición de Xallas contemplamos unha superficie de 15.9087335 km2 repartida entre as seguintes 2 parroquias:
Cuns (San Vicenzo) (11.022699 km2), señorío de Arcebispado de Santiago
Loroño (Santiago) (4.8860345 km2), señorío de D. Vicente Caamaño