Soneira

Arciprestado

Descrición

 Soneira como topónimo podíase referir antigamente ao presente arciprestado ou á xurisdición administrativa do mesmo nome.

 Ver Soneira como arciprestado implica observala desde o punto de vista da administración relixiosa, do goberno do bispo sobre os cregos párrocos. Polo contrario falar de Soneira como administración secular implica aproximármonos a ela como un mosaico de persoas que posúen propiedades naquela terra.

 Actualmente a Terra de Soneira non é nin unha cousa nin a outra: está constituída como comarca e conformada polos vixentes municipios de Zas, Vimianzo e Camariñas. Porén a súa extensión e límites de hoxe son diferentes dos que Soneira tiña no Antigo Réxime estudado neste proxecto. O arciprestado de Soneira era máis grande en superficie que a Soneira administrativa. No primeiro contábanse parroquias das administracións tanto de Soneira como de Xallas.

Xeografía

No arciprestado de Soneira contemplamos unha superficie de 310.9018430 km2 repartida entre as seguintes 33 parroquias:
Allo (San Pedro) (6.031136 km2), señorío de D. Francisco Riobó Suárez de Deza
Anós (Santo Estevo) (10.804647 km2), señorío de Realengo
Baio (Santa María) (8.980673 km2), señorío de Condado de Altamira
Bamiro (San Amedio) (5.109478 km2), señorío de Condado de Altamira
Borneiro (San Xoán) (13.0796825 km2), señorío de Realengo
Calo (San Xoán) (6.8640505 km2), señorío de Condado de Altamira
Cambeda (San Xoán) (16.2904755 km2), señorío de Condado de Altamira
Cánduas (San Martiño) (8.9325395 km2), señorío de Realengo
Carreira (Santiago) (5.2219895 km2), señorío de Condado de Altamira
Castro, O (San Adrián) (4.381095 km2), señorío de D. Joseph de Leis
Cesullas (San Estevo) (16.7511805 km2), señorío de Condado de Altamira
Cundíns (San Paio) (6.0749605 km2), señorío de Condado de Altamira
Cuns (San Vicenzo) (11.022699 km2), señorío de Arcebispado de Santiago
Gándara (Santa María) (13.676732 km2), señorío de Condado de Altamira
Lamas (Santa María) (8.609021 km2), señorío de Condado de Altamira
Laxe (Santa María) (1.8839075 km2), señorío de Condado de Altamira
Loroño (Santiago) (4.8860345 km2), señorío de D. Vicente Caamaño
Mira (Santa María) (10.768769 km2), señorío de Condado de Altamira
Nande (San Simón) (7.7415545 km2), señorío de Condado de Altamira
Nantón (San Pedro) (10.5416965 km2), señorío de Realengo
Pazos (San Cremenzo) (9.000693 km2), señorío de Realengo
Riobó (San Martiño) (10.3399055 km2), señorío de Realengo
Salto (Santa María) (22.3488025 km2), señorío de Condado de Altamira e de Condado de Maceda
Sarces (San Amedio) (4.4314735 km2), señorío de Condado de Altamira e de Condado de Maceda
Serantes (Santa María) (5.127452 km2), señorío de Condado de Altamira e de Condado de Maceda
Serramo (San Sebastián) (15.096277 km2), señorío de Condado de Altamira e de Condado de Maceda
Soesto ( Santo Estevo) (5.916521 km2), señorío de Condado de Altamira e de Condado de Maceda
Tines (Santa Baia) (8.654494 km2), señorío de Condado de Altamira e de Condado de Maceda
Traba (Santiago) (11.2464925 km2), señorío de Condado de Altamira e de Condado de Maceda
Treos (San Miguel) (12.0873025 km2), señorío de Condado de Altamira e de Condado de Maceda
Vilar, O (San Pedro) (5.7751045 km2), señorío de Condado de Altamira e de Condado de Maceda
Vimianzo (San Vicenzo) (19.354737 km2), señorío de Condado de Altamira e de Condado de Maceda
Zas (Santo André) (3.8702665 km2), señorío de Realengo