Referencias anuais que nos constan desta persoa
1796 actividade na xurisdición de Mens
1805 actividade na xurisdición de Vimianzo
1817 actividade na xurisdición de Vimianzo
1819 actividade na xurisdición de Vimianzo
1824 actividade na xurisdición de Vimianzo
1841 actividade na xurisdición de Vimianzo
Até onde sabemos exerceu a profesión durante 45 anos e deixou feitos 43 protocolos. No presente proxecto estudouse toda a produción coñecida deste escribán, dada a súa dilatada carreira. No transcurso dela actuou en nome do Santo Oficio.
Escribán real de S. M. (Su Magestad) durante nove anos: en 1796 inicia a súa carreira, como notario nas terras de Mens e Malpica. En 1805 consegue en Vimianzo a praza de número. En 1841 rematará a vida laboral nesta mesma xurisdición, deixando 42 protocolos despois dos 45 anos de profesión, o que case sae a protocolo por ano, que era o estipulado: pechar cada anualidade cun índice dos instrumentos contidos.
O paso de notario da súa maxestade a notario de número da xurisdición de Vimianzo prodúcese polo conde de Altamira, quen lle expide o Título del Número
na data de 30-03-1805. O cargo custaralle máis de tres mil reais por media annata, importe do que carece. Pídelle os cartos prestados a Ysidro Abente e compométese a devolverllos nun prazo de dezaoito meses.
En 1817 defínese como Escribano de S. M. de número insolidum del ayuntamiento de la jurisdicción de Vimianzo. Familiar Notario del Santo Oficio de la Ynquisición de Santiago y su Secretario.
En 1819: Escribano de número y Ayuntamiento insolidum de la jurisdición de Vimianzo y Secretario Honorario del Santo Oficio de la Ynquisición de Santiago.
En 1824 asina algún documento como escribán de número e mariña de este distrito de Vimianzo
.
A documentación dos protocolos deste notario consérvase no AHUS.