Os signos notariais

2017-05-07

 

"El signo individualizado era la señal que el Monarca concedía junto con el título real al nuevo escribano para que con él refrendase las actuaciones que en su presencia se estipulasen. Cada escribano tenía su signo personal que, en general, solía presentar una configuración parecida." (1) "Unha vez realizado e lido o documento, coa aquiescencia das partes, ao remate da escritura e logo da frase «en testimonio de verdad», o notario escribía con pluma o seu signo. (...) O signum vai evolucionando ao longo dos anos. (...) En síntese, pásase do signo á firma rubricada. (...) Como a maioría dos intervintes nos actos notariais eran iletrados, cara mediados do s. XVIII recorrían a un veciño que soubese asinar, para que os acompañase á presenza do fedatario ou do seu amanuense na redacción da escritura e que ao remate da mesma, «a ruego», asinase no seu nome. Aparece tamén, a primeiros deste século, a firma de mulleres en documentos notariais, nalgúns casos da muller e a filla dun escribán. As que teñen a categoría de doña emprégano diante do seu nome." (2) - O escribán Lope Vásquez non emprega signo neste documento de 1640: Incidentalmente obsérvese que no documento supra constan tres testemuñas: Juan Íniguez de Figueiras, Sebastián de Aguino e Pedro Ýniguez de Heredia (3). - Signo de Payo Posse en 1642: - Signo de Cristóbal de Pazos en 1662: - En 1716 Antonio Pérez de Pazos rubrica os documentos: - Signo de Antonio Sánchez de Busto en 1697, os puntos están como elementos decorativos: - Claudio Estévez Bermúdez de Castro en 1806 rubrica as escrituras: (1) En testimonio de verdad: Los signos de los escribanos públicos Eva Mª Mendoza García En: "Baetica. Estudios de Arte, Geografía e Historia" n.º 35 Facultad de Filosofía y Letras, Universidad de Málaga, 2013 (2) Os escribáns das terras de Nemancos. Do s. XIV ao primeiro terzo do s. XIX José Enrique Benlloch del Río En: "Nalgures" n.º X Apdo. 4.2, a partir da p.21 do PDF (numerada como 23) Asociación de Estudios Históricos de Galicia, 2014 (3) Ýniguez sabe asinar. É xuiz en Muxía en 1640. Como anécdota sinalar que en 1669 perante o escribán Juan Péres doa á súa sobriña unha casa "en terrera" en Muxía, con "piedra, barro, texa, madera, de alto y baxo" (Protocolo 266, AHUS).