Os nomes dos notarios

2016-05-10

 

© J. E. Benlloch, K. Benlloch, 10-05-2016.Os apelidos dos notarios, s. XVI a XX
Gráfica con áreas a cor, amoreadas. De dous centos e medio de notarios estudados, traballando no occidente da provincia da Coruña nalgún momento entre os séculos XVI e XX ambos inclusive, escóllense aqueles apelidos que sexan comúns a polo menos nove persoas físicas, no conxunto do período s. XVI-XX, e móstranse en número de escribáns por apelido e século. Esta gráfica expón a contribución de cada apelido en termos absolutos ao longo do tempo.

O nome de persoa idéntico máis repetido entre notarios é o de Cristóbal de Pazos (hai catro).

Os nomes máis longos son o de Francisco Antonio Ardeleiros Romero de Leis e o de Domingo Antonio Codesido Sobrado y Figueroa.