Curiosidades sobre notarios

2016-05-10

 

Trinta e sete notarios traballaron en dous séculos distintos.

O notario máis antigo do que temos constancia até a data é Sancho Pérez, en Nemancos en 1339.

O notario máis veterán do que sabemos por agora é Manuel Antón Añón Cisneros, con sesenta e un anos de actividade.

Os escribáns que operaron en maior número de xurisdicións distintas (en concreto, en catro) foron Martínez e Pose.

Os notarios aos que lle temos unha descrición biográfica máis extensa nas notas son Francisco Antonio Ardeleiros e Tomás de Calo.